RAPOSO OURENSE
O equipo campión foi “O Irixo”
11/1/2016

Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo

O pasado 9 de xaneiro, na localidade de Piñor, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo. Un campionato que sen dúbida estivo marcado polo tempo chuvioso que complicou en gran medida o desenrolo do mesmo.

Coa colaboración do Tecor de Piñor a Federación Galega de Caza en Ourense organizaba esta fase provincial de Caza de Raposo na que resultaba gañador a cuadrilla “O Irixo” ao entrar en control con unha captura.

A este equipo acompañarao o equipo “Lamela” de Nogueira de Ramuín conformando a representación de Ourense no vindeiro Campionato Autonómico da especialidade.