POR MOTIVOS DE ORGANIZACIÓN
O Campionato Provincial de RRCC de Arco da Coruña retrásase un día
10/3/2016

O Campionato Provincial da Coruña de Percorridos de Caza con Arco, previsto para o vindeiro 19 de marzo, será trasladado ao día seguinte, domingo 20 de marzo, por motivos de organización. Tamén se modifica o lugar de celebración, que será en A Teixoeira - San Román (Laracha).

Dende a Federación Galega de Caza na Coruña lamentamos as molestias que esta modificación lles poida ocasionar.