ARQUEIROS EN LARACHA
Disputado o Campionato Provincial da Coruña de Percorridos de Caza con Arco
21/3/2016

V Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco

O pasado 20 de marzo disputouse en San Román (Laracha) o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración do Clube Arco Hércules e a Sociedade de Caza O Petón de Cabo Vilaño

No provincial de Percorridos de Caza con Arco participaron 29 arqueiros que tentaron clasificarse para o autonómico da especialidade nunha estupenda xornada para os amantes do arco.

Na categoría de Arco Asistido Masculino o primeiro posto da clasificación foi para o Rafael Ángel Nieto. En segunda posición situouse o arqueiro Ángel Villaverde Balado. En terceira posición clasificouse Pedro Martínez Ángel.

En Arco Tradicional Masculino o primeiro posto foi para Oscar Novas Seijas. Lee Ramsdale e Pablo Martínez Regueira, facíanse co segundo e terceiro posto respectivamente.

Na categoría de Arco Asistido Femenino foi Mari Carmen Novoa Varela a que acadaba o primeiro posto.

En Arco Tradicional Femenino resultaba gañadora a arqueira Inmaculada Santamarta Rodríguez por diante de Sonia Mª Ribeiro Costa e Emilia Lareo Sola.

En Long Bow era Jacobo Santoro Lorenzo o que se facía co primeiro posto da clasificación. O subcampionato recaeu en Mariano Suárez Varela e xa na terceira posición remataba Juan Bandeira Autrán.

En Junior o campión en asistido era Abel López Arias namentres que Andrés Conde Souto era o campión en Cadetes tradicional.