SAN HUBERTO OURENSE
Otero González acada o provincial en Porqueira
21/3/2016

XVIII Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto

O pasado 19 de marzo disputábase a fase provincial de Ourense de Caza San Huberto no Tecor Societario de “Porqueira”. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

O primeiro posto foi para José Francisco Otero González que acadou unha puntuación de 82 puntos co seu pointer de nome “Indio de Pasarín”, seguido, en segunda posición, de José Canosa Senlle co pointer “Charlie do Castelo da Pluma”  con 51 puntos. O terceiro posto foi para o cazador, Juan José Canosa Vigo con “Zeus da Chousa” con 47 puntos.

Xunto con José Francisco Otero González acudiran ao autonómico da especialidade os cazadores José Canosa Senlle, Eliseo Faraldo Fernández e Andrés Sánchez Fernández.