CORZO
Ás portas da tempada de asexos de corzo
30/3/2016

O vindeiro venres día 1 de abril dará comezo un novo período de caza na modalidade de asexos de corzo en Galicia, que se estenderá ata o vindeiro 31 de xullo de 2016.

Serán moitos os cazadores galegos e de fora da nosa comunidade os que nestes vindeiros meses practicaran esta emerxente modalidade de caza sobre unha especie que se atopa presente en boa parte dos montes galegos.

E se algo caracteriza a esta modalidade de caza, e a achega que fai esta o exterior, fora das nosas fronteiras xa que son moitos os asexistas que, chegados dende diversos puntos da xeografía española, se introducen nas fragas galegas na procura do trofeo do capreolus. A bo seguro que abraiados polo noso verde, pola frondosidade das fragas e a contundencia da nosa gastronomía. Asexar un corzo en Galicia ten os ingredientes para que sexa algo máis que unha xornada de caza.

Dende a Federación Galega de Caza desexarlles a tódolos apaixonados a esta modalidade unha frutífera campaña corceira.