RASTRO DE XABARIL
Rodeiro e “Rato” gañadores en Muras
31/3/2016

Campionato de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril

O pasado 26 de marzo tiña lugar a II edición do Campionato de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril na localidade lucense de Muras, organizado pola Sociedade de Cazadores “O Balsego” e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Lugo.

Foi esta a proba de cans de rastro atrelados que deu a apertura do telón a un destacado número de campionatos desta modalidade que se celebrarán nos vindeiros meses en diferentes puntos da xeografía galega. 

Esta primeira proba destacou pola alta participación con máis de 40 monteiros inscritos a pesar de que as condicións climáticas foron un enorme lastre da mesma.

Foi o monteiro coruñés Francisco Rodeiro co seu can de nome “Rato” o que obtivo o primeiro posto con 238 puntos. Con 218 puntos remataba en segunda posición Martín Serantes coa súa cadela “Dosinda”. O monteiro Alejandro Otero conformábase coa terceira posición con 168 puntos acadados coa cadela “Masma”.