COMPAK SPORTING CORUÑA |
Roberto Rodríguez imponse en Río Sar e Daniel Cebreiro é o campión provincial |
4/4/2016 |
O pasado domingo 3 de abril, disputouse o Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting no Campo de Tiro Río Sar, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar. Á proba acudiron máis de 40 tiradores que tentaron escachar o maior número de pratos posibles dos 100 aos que se enfrontaron durante toda a xornada e en diferentes campos. Foi o tirador chegado de Pontevedra, Roberto Rodríguez Fernández o que se impuxo na clasificación final con 84 pratos derribados. O subcampionato e o título de Campión Provincial foi para Daniel Cebreiro García que rematou a xornada con 82 pratos escachados e superando ao tirador Ángel Mosquera Cornide que acadaba a medalla de bronce con 81 pratos. Na categoría de veteranos o tirador Ángel Vidal Quintela con 76 pratos escachados foi o que acadou o primeiro posto, namentres que na categoría de superveteranos facía o mesmo o participante Jose M. González Rodríguez con 61 pratos derribados. Na categoría de Handisport o gañador era Artemio Formoso Barro con 76 pratos escachados. E en Xuvenís o campión era Alejandro Fernández Seco con 70 pratos. |