A PESAR DO MAL TEMPO
Bo comezo da tempada de tiradas no novo campo de tiro de Pol en O CarballiƱo
4/4/2016

Tal e como anunciábamos  nos últimos días, esta fin de semana daba comezo a tempada de tiradas no novo campo de tiro eventual de Pol, no concello de O Carballiño (Ourense), que organiza a Federación Galega de Caza en Ourense.

Nesta primeira xornada, e a pesar das malas condicións climatolóxicas da fin de semana, a participación foi moi boa, e ata Pol achegáronse tiradores de moitos puntos da provincia ourensá e mesmo doutras provincias galegas, polo que dende a organización se amosaron satisfeitos por este comezo e ilusionados polas vindeiras tiradas que se celebrarán ao longo de todo o ano.

Dende a FGC en Ourense queren lembrar que estas tiradas non se realizan con fins competitivos, senón como un xeito de desfrutar do tiro e de practicar de xeito regular para mellorar nesta disciplina, polo que convida a tódolos tiradores da comunidade a que se acheguen a Pol, en O Carballiño, nalgunha das vindeiras xornadas.