RRCC ARCO PONTEVEDRA
Arqueiros en Ponteareas
11/5/2016

Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco

O pasado domingo 8 de maio disputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Clube Cazarco e a Sociedade de Caza A Mondarizana.

Ata un total de 23 arqueiros e arqueiras se deron cita en Fozara para participar nesta sétima edición da fase provincial de Percorridos de Caza con Arco. A intensa choiva non foi impedimento para que un bo número de arqueiros das diferentes categorías participaran nesta fase provincial.

Na modalidade de arco asistido masculino o campión foi Ángel Villaverde Balado con 209 puntos seguido de Sergio Sobral Barcia en segunda posición con 180 puntos. Juan M. Naviera situábase no terceiro caixón con 178 puntos.

En arco tradicional masculino o campión era o arqueiro Lee Ransdale con 154 puntos. O subcampionato recaía en José García Gómez con 125 puntos. Con 89 puntos o terceiro posto era para Xosé M. Pousada.

En damas asistido a campioa era Mª Carmén Novoa Varela con 110 puntos seguida de Iratxe Guillen con 108 en segunda posición. En damas tradicional a campioa era Marina Oliveira Ancedo con 16 puntos.

En Long Bow o campión era Jacobo Santore Lorenzo con un total de 149 puntos. Con 120 puntos, o subcampionato era para Francisco J. Lesende con 55 puntos Frank Ransdale acadaba o terceiro posto.

Na categoría junior o campión era Marcos Gómez Dacosta con 164 puntos seguido de Jorge Figueroa con 102 puntos, namentres que en cadetes o primeiro posto era para Rebeca Villaverde Bugarín con 81 puntos.