COPA GALICIA
Joaquín Guerreiro con “Sol” gañadores do Can de Ouro en Rastro de Xabaril
24/5/2016

VI Campionato Can de Ouro Costa da Morte puntuable para a Copa Galicia 

O pasado sábado 15 de maio o Tecor Societario Mazaricos da provincia de A Coruña acollía a VI edición do Campionato de Cans de Ouro organizado polo Clube "Amigos dos Cans de Caza".  Na xornada do domingo  tiña lugar a proba de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril que congregaba a un bo número de cans conducidos polos seus respectivos monteiros. A proba discorreu nuns terreos moi propicios para a práctica desta modalidade. 

O campión da proba foi o monteiro Joquín Fernández Guerreiro co seu can "Sol" obtendo unha puntuación de 241 puntos. A segunda posición era para Francisco Romero co can "Bala" e 214 puntos. E xa na terceira posición remataba a cadela “Brisa” conducida por José Manuel Barreiro con 179,5 puntos.