FORMACIÓN
Mutuasport remata as xornadas de formación coa Federación Galega
24/5/2016

A última xornada levou a cabo o pasado 23 de maio na sede da Federación Galega de Caza, en Santiago de Compostela. Contou coa presenza de Don Javier Nogueira, Presidente da Federación Galega de Caza, Francisco Couselo, Presidente Provincial de Pontevedra e do persoal administrativo das catro provincias.

O obxectivo principal destas xornadas é ampliar os coñecementos dos produtos e as campañas, así como o manexo informático dos programas de emisión e tramitación de licenzas.

Os relatorios correron a cargo de Javier Vergés, Director Xerente da Mutua e de Ricardo Gil, un dos letrados da Mutua.

En todas as xornadas reiterouse a importancia de ter unha boa cobertura á hora de saír a cazar.