RASTRO DE XABARIL
José Manuel Barreiro, dominador en Antas de Ulla
30/6/2016

O pasado 26 de xuño disputábase na localidade lucense de Antas de Ulla unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizada pola Sociedade de Caza Santa Mariña en colaboración coa Federación Galega de Caza en Lugo.

Na proba participaron un bo número de monteiros cos seus respectivos cans que tentaron facerse un oco na fase final desta proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade. 

Nesta fase final o claro dominador foi José Manuel Barreiro Rivadas que cos seus dous cans “Brisa” e “Ludo” obtivo a primeira e segunda posición con 233 e 218 puntos respectivamente. Xa en terceira lugar remataba Francisco Romero Álvarez co seu can de nome “Bala” e un total de 200 puntos.