UNHA MENSAXE DE MUTUASPORT
¿Revisaches o teu seguro para comezar a nova tempada de caza?
13/7/2016

Estamos a piques de empezar unha nova tempada, e coma sempre, afeccionados e practicantes debemos manter ese espírito e nobreza que caracteriza a todos os cazadores neste deporte que tanto amamos.

Todos aqueles que compartimos esta afección dunha forma ou outra, tan criticada desde algúns sectores, e tan querida por outros moitos, non fai máis que contribuír ao desenvolvemento sostido da nosa poboación cinexética.

Co comezo da nova tempada, antes de entrar a pisar os nosos campos e cotos, debemos ter presente coma sempre o cumprimento de Leis e Regulamentos, así como ter en regra permisos, licenzas, e por suposto os nosos seguros.

Como moitos de vós xa coñecedes, este ano entrou en vigor un novo baremo indemnizatorio dirixido á valoración de danos e prexuízos causados a persoas que, aínda que ten por obxecto os accidentes de circulación, sen dúbida será tomado en consideración por xuíces e tribunais para o resarcimento de danos en accidentes de caza, e onde se incrementan de forma cuantiosa as indemnizacións especialmente en accidentes graves.

Por este motivo desde Mutuasport, a Mutualidade de todos aqueles cazadores federados, queremos facer unha chamada a todos os que practicamos o deporte da caza con armas deste novo marco.

Debemos deixar atrás aqueles seguros que outrora se subscribían, nalgúns casos, tan só se contrataba o seguro obrigatorio, noutros casos, complementábase cun seguro voluntario con límites de 150.000 €, hoxe claramente insuficientes.

Desde a nosa experiencia e analizando a sinistralidade da Compañía ano tras ano, coñecemos todo tipo de situacións, observado nalgúns casos cazadores que van cazar sen seguro, que ademais de incorrer nunha infracción administrativa, en caso de provocar danos a terceiros derivaría nun desembolso económico á súa costa; noutros casos tense subscrito un seguro de accidentes na crenza que se ten contratado un seguro de responsabilidade civil, e por último noutros casos contrátase un seguro cuns capitais moi baixos.

Para os cazadores federados, a través das súas Federacións, pódese buscar un asesoramento sobre a adecuación do seguro que máis nos poida convir, desde Mutuasport proporcionámoslles un seguro adecuado ao novo marco no que nos atopamos hoxe en día coa entrada en vigor dos novos baremos indemnizatorios; sen dúbida ter subscrita unha póliza de responsabilidade civil con amplos capitais proporcionaranos maior tranquilidade, sendo tan importante ter subscrita unha póliza adecuada de responsabilidade civil para o caso de ter que responder de danos fronte a terceiros, como os nosos compañeiros teñan subscrito un seguro nas mesmas condicións para o caso de que nos puidesen provocar danos.

Asdo.