I TROFEO O SAVIÑAO
“Frouma” e “Coco” gañadores en O Saviñao
03/08/2016

O pasado domingo 31 de xullo tivo lugar o primeiro Trofeo de Caza Práctica en O Saviñao organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo e pola Asociación Galega de Cans de Parada coa colaboración de dito Tecor.

A xornada foi trascorrendo sen imprevistos e este primeiro Trofeo, puntuable para a Copa Galicia da especialidade xuntou, a nada menos que 38 cans dos cales 35 corresponderon a razas británicas e 3 a continentais. 

En Británicos o gañador foi o setter inglés femia “Frouma do Fontelo” de Iván López López cunha calificación de EXC e 10 puntos. Con 9 puntos e tamén unha calificación de EXC repetía na segunda posición Iván López López co setter inglés macho “Irgo do Fontelo”. A femia de setter inglés “Uva” de Pedro Nieto González remataba en terceira posición con unha calificación de MB e 4 puntos.

En Continentais o campión era o epagneul bretón macho de nome “Coco de Manuba” de Ignacio López Pérez cun EXC e 10 puntos.