PREVENCIÓN SINIESTRALIDADE
A FGC convoca novos Cursos de Seguridade na caza e de primeiros auxilios
04/08/2016

Con motivo da nova tempada cinexética, a FGC ven de convocar unha nova edición de cursos de Seguridade na Caza, e como novidade convoca tamén cursos de formación en primeiros auxilios.

 

Os cursos, que se desenvolverán durante os meses de setembro e outubro nas catro provincias galegas, teñen por obxecto formar aos cazadores nas técnicas de seguridade nas cazarías e na organización de batidas para evitar accidentes, así como instruílos nas técnicas básicas de primeiros auxilios para unha correcta actuación en caso de accidente.

 

A inscrición para poder participar nestas xornadas formativas é totalmente gratuíta e deberá realizarase nas Federacións Provinciais ou Federación Galega de Caza.

 

Nos próximos días a FGC dará a coñecer a través da súa páxina web www.federaciongalegadecaza.com o programa completo dos mesmos, coas datas datas e lugares de celebración.