MEMORIAL MANUEL CEA - RRCC
Artemio Formoso adxudícase o Memorial en Río Sar
08/08/2016

O pasado 6 de agosto desputouse no Campo de Tiro Río Sar, unha cita xa consolidada dentro da modalidade de Percorridos de Caza en Galicia, o Memorial José e Manuel Cea Seoane desputado a 100 pratos e organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar.

Á proba acudiron un total de 70 tiradores chegados das catro provincias galegas e dende fora das nosas fronteiros, concurrindo tiradores de Cantabria, Castela e León, Madrid, Asturias, etc. 

Rematada a competición, foi o tirador Artemio Formoso Barro o que acadaba o primeiro posto da clasificación Xeral ao escachar un total de 88 pratos. A tan so 1 prato de Formoso situouse o tirador leonés Diego de la Iglesia Gómez con 87 pratos esnaquizados. O terceiro caixón do podio foi ocupado polo tirador Jorge Vázquez Iglesias con 86 pratos.

Na categoría de Veteranos o campión foi o tirador Antonio Castro Ferreiro con 81 pratos escachados. Ángel Vidal Quintela e Juan Antonio Sánchez Mancebo acadaban o segundo e terceiro posto con 75 e 74 pratos, respectivamente.

Na categoría Junior o gañador era Díego de la Iglesia Gómez con 87 pratos e en Superveteranos impoñíase o madrileño Fernando Corto Bas con 67 pratos.

Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención especial as casas e entidades patrocinadoras así como un agradecemento especial aos árbitros da competición. 

Un xantar de irmandade puxo o colofón a este Memorial.