COLABORACIÓN
Cazador, colabora ante a vaga de lumes que están a sufrir os montes galegos
11/08/2016

Ante a vaga de lumes que está a sufrir Galicia, a FGC fai un chamamento a tódolos cazadores, e particularmente aos responsables dos Tecores, para que se poñan a disposición dos Distritos Forestais, e colaboren con estes na prevención e defensa contra os incendios, tanto nas tarefas de detección, como de vixilancia ou disuasión, informando de calquera incidencia que observen no monte, para tentar, entre todos, minorar o número de incendios ou levar a cabo un rápido control dos mesmos.

Cazador, a premura na detección de incendios é fundamental, se ves lume chama ao 085, ou á Federación Galega de Caza.