CAZA MAIOR
Amizade, altas temperaturas e primeiras capturas
30/8/2016

A pasada fin de semana deu comezo en Galicia a tempada de Caza Maior celebrándose as primeiras batidas a corzos e xabarís. O reencontro cos nosos compañeiros e amigos cinexéticos e as altas temperaturas foron as notas predominantes nestas dúas primeiras xornadas de caza maior nos montes galegos.

A falta de rodaxe e unhas temperaturas sufocantes minguaron o bo facer dos nosos fieis cans a hora de desenvolver os rastros deixados por corzos e xabarís, pero iso non impediu que xa se produciran as primeiras capturas.

Os cazadores galegos teñen por diante 5 meses para gozar de infinidade de lances nunha contorna privilexiada. Colaboración nos danos, seguridade e unha caza sostible deben ser os piares desta nova campaña cinexética.

Boa caza