CONVENIO
A FGC asina un acordo de colaboraciĆ³n con ABanca ao que poden acollerse os clubs e sociedades federadas
2/9/2016

A FGC ven de asinar un acordo de colaboración con ABanca, no que se establecen varias vantaxes nas comisións  que cobran as entidades financeiras polos diferentes trámites e xestións bancarias (transferencias, xestións de recibos, cheques, contas, etc.).

Ao acordo poderán acollerse as sociedades de caza federadas que o desexen. Para elo deberán dirixirse a unha oficina de Abanca e solicitar que se lle apliquen as condicións establecidas no  convenio de colaboracións subscrito coa Federación Galega de Caza, debendo aportar unha certificación da Federación conforme a sociedade se atopa federada (esta certificación expedirase na Federación Provincial previa solicitude da sociedade).

As sociedades que desexen coñecer as condicións do convenio tamén poden informarse na FGC.