RASTRO COELLO CORUÑA
Formoso Raposo, dominador en Zas
19/9/2016

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello

O pasado sábado 17 de setembro disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello no Tecor San Roque de Zas, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

Moitos levantes e persecución proporcionaron o goce de cans e participantes neste Campionato Provincial ao mesmo tempo que facían máis complexa a actuación dos xuíces.

Foi o lote propiedade de Juan Formoso Raposo o que acadaba o título provincial co seu lote de beagles “Pol, Irán, Ría e Naca”. O subcampionato recaía novamente en Juan Formoso Raposo co seu segundo lote presentado. O terceiro posto era para o lote propiedade de José Javier Suárez Rama.

O beagle de nome “Pol” propiedade do campión Juan Formoso Raposo foi nomeado como Mellor Can da proba con 152 puntos.

Estes tres primeiros lotes clasificados representarán á provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Galego da especialidade xunto co campión da edición pasada, Carlos Casas Cambón. Unha final autonómica que se desputará o vindeiro 1 de outubro en Carnota.