CAZA MENOR
O provincial de Lugo foi para Jesús Paz
24/10/2016

Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can

O pasado sábado 22 de outubro disputouse nos terreos da Sociedade de Cazadores de Meira, o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo coa colaboración de dita Sociedade.

Os diferentes cazadores chegados dende varios puntos da provincia lucense gozaron dunha boa xornada cinexética nestes montes, contando cunha boa climatoloxía que os acompañou durante todo o campionato e unha boa densidade de caza que permitiu a tódolos participantes gozar dalgún que outro lance.

Foi o novo cazador Jesús Paz Penelas o que obtiña o título de Campión Provincial con 1.450 puntos. En segunda posición remataba Jesús Blanco Paredes con 550 puntos. Marcos Rodríguez Ferreiro tíñase que conformar coa terceira posición deste campionato acadando tamén 550 puntos. 

A estes tres cazadores acompañaranos Bernardo Traseira Rois e Rogelio Gómez Rodríguez, conformando deste xeito o equipo lucense que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade.