PROBA ABERTA
Cetreiros na Terra Cha
23/11/2016

O pasado sábado día 12 de novembro disputouse no concello lucense de Cospeito a II Proba aberta de Cetrería organizada pola Asociación Galega de Cetrería e a Federación Galega de Caza en Lugo e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores da Terra Cha. Unha proba que se disputou sen imprevistos e con gran expectación que crean este tipo de probas apesares de que as condicións meteorolóxicas dificultaron a mesma.

Baixo Voo “Azores”

Nesta disciplina o campión da proba foi o cetreiro Lucas B. Boubeta Verdeal. Víctor Lama González e Juan Vicente Santiago Santamaría acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente.

Baixo Voo “Harris”

O primeiro posto foi para José Guizán Tastoy seguido de José Francisco Allegue Pereiro en segunda posición. Completou o podio Ramón Ferreiro Vázquez.

Sky Trial

Juan Ramón Barcala Abanqueiro era o campión nesta disciplina namentres que o segundo posto era para Lucas B. Boubeta Verdeal. O terceiro posto da clasificación era para Rafael Regos Martínez.

Pequenas Aves

Rafael Regos Martínez era o campión nesta disciplina e David Aínse García era o que remataba en segunda posición.