AXUDAS
Publicada a convocatoria de subvencións a entidades deportivas
16/12/2016

O mércores 14 de decembro publicábase no Diario Oficial de Galicia a “Resolución do 25 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas”.

A estas axudas poden optar, entre outras, tódalas sociedades de caza federadas, por estar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

O prazo de solicitudes estará aberto do 15/12/2016 ao 16/01/2017

Toda a información sobre as subvencións así como a GUÍA DO SOLICITANTE (guía de axuda para a tramitación da solicitude), están dispoñibles na web da Secretaría Xeral para o Deporte:

deporte.xunta.gal