RAPOSO LUGO
O equipo “Os de Cela” adxudícase o provincial en Pol
9/1/2017

O pasado 7 de xaneiro, tivo lugar no concello lucense de Pol o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo coa colaboración das Sociedades de Cazadores O Moucho, Meira, Amigos da Natureza e Hermunde.

A proba transcorreu baixo unhas moi boas condicións climáticas, feito este que favoreceu os numerosos avistamentos dos raposos por parte das 19 cuadrillas participantes nesta proba provincial. Unha xornada cinexética extraordinaria na que a abundancia de raposos quedou patente e fixo o goce de cans e participantes.

Foi o equipo de “Os de Cela” o que se upou ó primeiro posto cun total de 7 raposos entregados no control. Con 5 raposos e en segunda posición remataba o equipo “O Cordal de Ousá”. Completou o podio a cuadrilla “Aparta que ahí vamos” con 4 raposos. Todos eles recibiron galardóns e trofeos no transcurso do acto de clausura que tivo lugar en Mosteiro, contando coa colaboración das empresas do pobo e do Concello, presidindo o acto o Alcalde e o Vicepresidente da Federación Galega de Caza de Lugo 

A estes tres primeiros equipos sumaránselles as cuadrillas “Ganados Blanco” e “Os Rápidos” que serán os que representarán á provincia de Lugo no vindeiro campionato autonómico da modalidade.