ARCEAS CORUÑA
Oscar Suárez campión provincial
9/1/2017

Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas

O pasado sábado 7 de xaneiro disputábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas 2017 que era acollido polos terreos de Anxeriz - Tordoia organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita sociedade de cazadores.

Ata un total de 27 becadeiros tomaron saída nesta fase provincial na que o tempo acompañou á boa práctica cinexética e na que non faltou o frio e a boa presencia de  arceas. Mostra da boa presenza desta migratoria foi as máis de 20 avistadas e 8 abatidas. 

Rematada a proba e feita a entrada en control de tódolos participantes era o cazador Oscar Suárez Ventoso o que se proclamaba campión provincial con 2 arceas. Co mesmo número de arceas pero en segunda posición remataba Juan Manuel Carou Rey. Xa con 1 arcea Ramiro Lamas Vilanova era o terceiro clasificado.

Xunto con estes tres primeiros clasificados, os cazadores Javier López, Manuel Salido e José Manuel Torres conforman a selección provincial de A Coruña que representará a dita provincia no Autonómico de Arceas 2017.