RAPOSO OURENSE
“Os Homes de Paco” foi o equipo campión
16/1/2017

O pasado sábado 14 de xaneiro disputouse o Campionato Provincial de Caza de Raposo de Ourense organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor de Porqueira.

Á proba disputouse sen sobresaltos e avistáronse un total de 5 raposos por parte dos equipos participantes. 

Foi o equipo “Os Homes de Paco” o primeiro clasificado cun total de 2 raposos capturados os cales lle outorgaron un total de 1.000 puntos. O equipo “Lamela”” acadou o segundo posto con 500 puntos.

Estes 2 primeiros equipos clasificados conformarán a representación da provincia de Ourense na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade.