RAPOSO CORUÑA |
O equipo Os Unidos foi o primeiro clasificado |
16/1/2017 |
Organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña o pasado 14 de xaneiro disputábase unha das probas máis destacadas de dita Federación provincial polo número de cazadores que congrega. Nesta ocasión ata 340 cazadores se citaron neste Campionato Provincial de Caza de Raposo que se disputou nos Tecores das sociedades de caza “Lousame-Noia”, “Castelo de Vitres”, “Porto do Son” e “Altamira”. O frío non amedrentou aos cazadores que gozarnon dunha boa xornada de caza na que avistaron máis de medio cento de raposos e conseguiron abater 28. Foi o equipo “Os Unidos”, da Sociedade de Caza "San Vicente" de Vimianzo, o que obtivo o título de Campión Provincial cun total de 1.500 puntos. Co mesmo número de puntos remaba en segunda posición a cuadrilla “Os Intocables”, da Sociedade "Halcón" de Mazaricos, actual campión galego da especialidade. O equipo “Barbanza I”, da Sociedade Barbanza, era o terceiro clasificado con 1.000 puntos. A estes tres primeiros clasificados acompañaraos o equipo “Os Rapaces”, da Sociedade de Caza de Coristanco e “Os Cazafellos”, da Sociedade de Caza de Porto do Son, conformando a selección que representará A Coruña no vindeiro Campionato Galego de Caza de Raposo. Un xantar de confraternidade e a entrega de trofeos por parte das autoridades alí presentes puxo o punto e final a esta edición provincial de Caza de Raposo. |