INVESTIGACIÓN
A FGC ven de firmar un convenio de colaboración co Club de Cazadores de Becada (CCB)
30/1/2017

Neste mes de xaneiro, a Federación Galega de Caza, en aras de dispoñer sobre información rigorosa sobre a arcea na nosa comunidade, asinou un acordo de colaboración co Clube de Cazadores de Becada a través de Fabián Barge Vilela, cazador galego e Delegado Rexional do CCB en Galicia.

Neste acordo mutuo da FGC e do CCB a Federación pretende dispor de información sobre períodos migratorios, densidades e outras características da arcea na nosa comunidade para facer un aproveitamento cinexético sostible da especie.

Con este convenio a FGC divulgará en Galicia o “Proyecto Becada” impulsado polo Clube de Cazadores de Becada. Esta divulgación realizarase vía online a través do enlace que facilitará a FGC na súa páxina web e recollendo as mostras das ás das arceas que se poderán depositar en calquera das delegacións provinciais da FGC así como na súa sede central sita en Santiago de Compostela.

Descargar instrucións para envío de mostras

Para levar a cabo a recollida e o deposito das mostras visualizar o seguinte titorial

Documentos

"Proyecto Becada": Seguimiento de las poblaciones invernantes de becada (Scolopax rusticola) en España. Resumen temporada 2016-2017