COPA GALICIA RASTRO XABARIL
José Manuel Fernández con “Pirulo” gañadores no Balsego
11/4/2017

III Campionato de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril

O pasado 8 de abril tiña lugar a III edición do Campionato de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril na localidade lucense de Muras, organizado pola Sociedade de Cazadores “O Balsego” e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Lugo.

Foi esta a proba de cans de rastro atrelados que deu, xunto con Terras de Melide,  a apertura do pano a un destacado número de campionatos desta modalidade que se celebrarán nos vindeiros meses en diferentes puntos da xeografía galega. 

Esta proba destacou pola alta participación con máis de 40 cans inscritos, monteiros, público e cans gozaron dunha boa xornada para os apaixonados do rastro do porco bravo.

Foi o monteiro lucense José Manuel Fernández Fernández, actual campión galego da especialidade, con "Pirulo" o que obtiña o primeiro posto. O coruñés Francisco Rodeiro Eiras co seu can de nome “Rato” e “Minicho” obtiña as medallas de prata e bronce, respectivamente.