EN ABRIL
Comeza unha nova tempada de adestramentos no campo de tiro "Pol da Piteira" de O CarballiƱo
12/4/2017

As vindeiras fins de semana do 22 e 23 de abril e do 29 e 30 de abril as instalacións de tiro da FGC de Ourense estarán abertas en horario de 10 a 14 horas.

Será necesario preinscribirse na Federación de Caza de Ourense para poder participar, dado que é imprescindible que se realicen como mínimo 25 series para realizar a tirada. De non acadarse esta cifra a organización resérvase o dereito de cancelar a tirada. Tamén será necesario contar coa correspondente documentación regulamentaria en vigor no momento das tiradas.

Para inscribirse na fin de semana do 22 e 23 de abril o prazo remata o vindeiro xoves día 20, mentres que para inscribirse na do 29 e 30 de abril o prazo remata o xoves 27. Os interesados deben chamar á FGC en Ourense 988 221 620. O prezo de cada serie é de 10€.