COPA GALICIA RASTRO XABARIL
En Antas o gañador foi José Manuel Fernández con “Pirulo”
24/4/2017

O pasado sábado 22 de abril disputábase na localidade lucense de Antas de Ulla unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizada pola Sociedade de Caza Santa Mariña en colaboración coa Federación Galega de Caza en Lugo.

Na proba participaron case unha trintena de cans e monteiros que tentaron facerse un oco na fase final desta proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade. 

Nesta fase final o dominador foi o actual campión galego José Manuel Fernández Fernández con “Pirulo” obtendo o primeiro posto con 268,5 puntos. O segundo posto era para o tamén lucense Joaquín Fernández Guerreiro con “Sol” con 258 puntos e xa en terceiro lugar remataba Manuel Fernández Vecino co seu can de nome “Ofi” e un total de 233,5 puntos.