CERTIFICADO SSL
A FGC maximiza a seguridade da sua páxina web
26/4/2017

Co fin de garantir a máxima seguridade á hora de transmitir os datos persoais dos federados e usuarios da súa páxina web, a Federación Galega de Caza ven de instalar un certificado SSL co máximo nivel de seguridade existente (SSL EV) no seu servidor web.

Este certificado garante e asegura que cando envíe o seus datos a través de calquera dos formularios da nosa páxina web, estes estarán cifrados coa maior seguridade posible. O cadeado de cor verde que pode ver no seu navegador ao visitar esta páxina indica este grao de seguridade.

A Federación Galega de Caza confirma así o seu máximo compromiso coa protección dos datos de caracter persoal, cumprindo con tódalas normativas existentes neste eido.