SEN CUSTE ADICIONAL
Os seguros da FGC inclĂșen a responsabilidade dos xefes de batida
31/5/2017

Coa finalidade de aclarar as dúbidas que estamos recibindo nas últimas semanas, respecto de si queda cuberta a responsabilidade do Xefe de Batida co seguro individual de Mutuasport, a FGC quere confirmar que tódolos seguros de RC federativos inclúen nas súas coberturas calquera reclamación que puidera derivarse no cumprimento das súas obrigas como xefe de batida, no caso de determinarse algunha responsabilidade nun sinistro.

En calquera caso, aproveitamos esta ocasión para recomendar, tralo novo Baremo de indemnizacións, que naqueles casos nos que se queira asegurar a total cobertura da responsabilidade civil que puidese sernos reclamada, tanto os Xefes de batida como o resto de cazadores, a contratación da póliza coas maiores coberturas (seguro Premium), que inclúe máis dun millón de euros.

É dicir, calquera cazador que teña o seguro de caza da Federación Galega de Caza, ten incluída xa a responsabilidade como xefe de batida SEN NINGÚN CUSTE ADICIONAL.