RRCC ARCO
Arqueiros en Lugo
29/6/2017

Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza con Arco

O pasado 25 de xuño disputouse na localidade lucense de de Rozas o Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza con Arco. Foi o Aeródromo de Rozas o escenario desta fase provincial clasificatorio para o autonómico da especialidade e que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Lugo.

Unha vez definidas as propostas dos diferentes percorridos, os arqueiros participantes comezaron a competición na cal os Directores da mesma, Ignacio Mosquera Niebla e Francisco Fernández Piñeiro, deron a coñecer a clasificación final nas diferentes categorías:

En Arco Asistido o campión era José Manuel Arias con 212 puntos. Ángel Villaverde Balado acadou o subcampionato con 208 puntos. Con 182 e en terceira posición remataba Juan Carlos Fernández..

En Arco Tradicional o campión era Carlos Rama con 175 puntos. En segunda posición era Lee Ramsdale con 168 puntos. O bronce era para Francisco Fernández con 159 puntos.

En Damas o primeiro posto era para a arqueira Dolores Bugarín con 180 puntos seguida en segunda posición de Carmen Novoa con 96 puntos. Ana Fernández ocupaba o terceiro posto da clasificación con 94 puntos.

Unha vez rematada a proba tivo lugar a entrega de premios, uns premios entre os cales os agraciados puideron desfrutar dun voo en avioneta pola cidade amurallada e a súa contorna.