I ENCONTRO XUVENTUDES
As vindeiras xeracións de cazadores estarán este sábado en Rio Sar
27/7/2017

O grupo de coordinadores de Xuventudes pola Caza coa colaboración da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar ultiman os derradeiros detalles deste I Encontro das Xuventudes pola Caza o cal xa conta cun elevado número de inscritos. 

Estas serán as actividades coas que se poden atopar todos aqueles mozos que se acheguen ao campo de Tiro de Río Sar este sábado 29 de xullo:

  • Cursos de iniciación e práctica de percorridos de caza con arco e con pratos, Compak Sporting, Field Target (tiro con aire comprimido) e hélices.
  • Conferencias e mesa redonda sobre a tecnoloxía na caza, alimentación canina, custodia das armas e os calibres e armas na caza maior en Galicia.
  • Curso de iniciación e práctica nas disciplinas de rastro de xabaril e cans de parada así como actividades e coñecementos sobre a cetraría.

Aínda estas a tempo de inscribirte a través da páxina web da FGC ou no Facebook da FGC e das Xuventudes pola Caza, aí tamén atoparás toda a info que precises sobre este I Encontro das Xuventudes pola Caza. Un encontro totalmente gratuíto e ao cal non podes faltar! Pola caza e polas Xuventudes Cazadoras!