XUNTANZA
A RFEC estuda co sector armeiro a adaptación do Regulamento de Armas á Directiva europea
21/9/2017

A Real Federación Española de Caza (RFEC) mantivo unha reunión con todo o sector das armas (fabricantes, armeiros, importadores, distribuidores, etcétera) para tratar a futura e posible modificación do Regulamento de Armas.

Como de todos os xeitos este Regulamento debe modificarse para adaptalo á nova Directiva Europea de Armas, por parte da Garda Civil preténdese aproveitar a oportunidade para modificar o xa vello, e obsoleto, Regulamento de Armas, que data do ano 1993.

Os reunidos fixeron especial fincapé en evitar que a modificación non sexa aproveitada para impoñer máis restricións á tenencia e uso de armas de fogo de caza e tiro deportivo, comprometéndose a acordar unha serie de puntos para negocialos coa Garda Civil, que sempre se mostrou en boa disposición neste aspecto, e introducilos, no seu caso, no futuro Regulamento.

Como non pode ser doutra maneira, a RFEC xa están a redactar un documento sobre este asunto, con especial interese en que cazadores e tiradores non saian prexudicados coas modificacións que se propoñan.