EN CÓRDOBA
Galicia apoiará a Defensa do Mundo Rural e as súas Tradicións
29/9/2017

Despois dos numerosos ataques que leva sufrindo a actividade cinexética, o medio rural e as súas tradicións a nivel nacional, os cazadores non soportan máis estes ataques inxustificados e comezan a trasladar o seu sentir as rúas.

Este primeiro paso darase maña 30 de setembro na provincia andaluza de Córdoba, sendo ás 10:30 horas a concentración na praza das Tres Culturas para dar comezo a manifestación.

Unha manifestación na que Galicia, a Federación Galega de Caza e os seus cazadores estarán representados por un grupo de galegos que parten hoxe para a comunidade andaluza. Uns cazadores galegos, entre os que estará o Delegado de Silvestrismo da FGC, Manuel Chao, que darán voz a nosa comunidade nunha manifestación da que xa se atisba que vai ser multitudinaria e na que, entre outros, estará apoiada pola RFEC, Alianza Rural, ONC, Si al Silvestrismo, Artemisán, etc.