XA SON 8 COMUNIDADES
A Rexión de Murcia adhírese ao convenio da licenza interautonómica
17/10/2017

O pasado venres 13 de outubro publicábase no Boletín Oficial do Estado (BOE) a resolución do 2 de outubro da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal, pola que se publica a adhesión da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia ao Convenio de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de diversas comunidades autónomas, entre as que se atopa Galicia, para o establecemento das licenzas interautonómicas de caza e de pesca en augas continentais para o seu ámbito territorial.

Coa suma de Murcia, xa son oito as  as comunidades autónomas nas que é posible cazar cunha única licenza de caza:

  • Galicia
  • Asturias
  • Castela e León
  • Estremadura
  • Madrid
  • Aragón
  • Comunidade Valenciana
  • Murcia

Cabe lembrar que a licenza interautonómica só se pode tramitar nos correspondentes Servizos de Conservación da Natureza dos distintos Servizos Territoriais da Consellería de Medioambiente en cada unha das capitais de provincia, aínda sendo renovacións. No obstante os cazadores federados poden solicitar este trámite a través de calquera das oficinas da Federación Galega de Caza.