EN SARRIA
O provincial de caza menor de Lugo foi para Eladio Rodríguez
24/10/2017

O pasado sábado 21 de outubro disputouse nos terreos do Tecor da  Sociedade de Cazadores A Xesteira (Sarria), o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo coa colaboración de dita Sociedade.

Os diferentes cazadores chegados dende varios puntos da provincia lucense desfrutaron dunha boa xornada cinexética nestes montes, contando cunha boa climatoloxía que os acompañou durante todo o campionato pero no que se votou en falta máis densidade de caza que non quixo facerse visible aos cazadores inscritos.

Foi o cazador Eladio Rodriguez Vilariño o que obtiña o título de Campión Provincial con 150 puntos. En segunda posición remataba Iván Rodríguez Ferreiro con  tamén 150 puntos. Antonio González Álvarez era o terceiro clasificado por sorteo. 

A estes tres cazadores acompañaranos Jesús Paz Penelas e Rogelio Gómez Rodríguez, conformando deste xeito o equipo lucense que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade.