CURSOS FORMACIÓN
Ampla e activa participación no II Curso de Formación de A Coruña
30/10/2017

O pasado venres 27 de outubro a Federación Galega de Caza impartía o seu penúltimo curso deste ciclo formativo do ano 2017. Nesta ocasión era a provincia de A Coruña a que acollía o seu Curso de Formación de Responsables de Sociedades de Caza.

Preto de 70 persoas se achegaban ao Centro Sociocultural de Meicende - Arteixo para recibir información sobre:

  • Xestión interna dunha Sociedade de Caza
  • Xestión Administrativa
  • Aproveitamento sostible dos recursos cinexéticos

Ponencias moi interesantes e ilustrativas que foron acollidas de moi bo grado polos presidentes, directivos, persoal de sociedades de caza, responsables de cazarías e cazadores. 

Como broche da xornada tivo lugar unha Mesa Redonda na que a interacción entre ponentes e participantes foi do máis proveitosa.