EN ARCHIDONA, MÁLAGA
Os arqueiros galegos traen unha prata e un bronce para Galicia no Campionato de España de RRCC con Arco
4/12/2017

Onte celebrábase no Centro de Actividades Cinegéticas Carlos Astorga en Archidona (Málaga) o XX Campeonato de España de Recorridos de Caza con Arco, que estivo organizado pola Real Federación Española de Caza (RFEC) en colaboración coa Federación Andaluza de Caza (FAC).

A pesar de que o sol acompañou durante toda a xornada, o intenso frío foi o protagonista ao comezo da competición, na que destacaron as orixinais propostas do percorrido con siluetas en movemento, como un xabaril lanzado desde unha tirolesa e simulando unha carreira no medio do monte, disparos desde un  tree-caseta ou simulacións dun lance con arco á perdiz con reclamo (con audio incluído), evidenciando a gran dedicación e o detalle con que se organizou este Campionato de España.

A Selección Galega participante neste campionato tivo unha destacada participación, conseguindo unha prata e un bronce. Concretamente foron Dolores Bugarín Codeseda en Arco Asistido Feminino e Lee Ransdale en Arco Tradicional Senior quenes obtiveron os metais para o medalleiro galego.

SÉNIOR TRADICIONAL

  • 1º Carlos Álvarez Delgado - Extremadura.
  • 2º José Antonio Almenara Franco - Andalucía.
  • 3º Lee Ransdale - Galicia.

FEMENINO ASISTIDO

  • 1ª Gemma Manzano Vila - Madrid.
  • 2ª Dolores Bugarín Codeseda - Galicia.
  • 3ª Adela García Pajero - Madrid.

Durante a entrega de premios, o presidente da  RFEC, Ángel López, agradeceu á Federación Andaluza de Caza, e especialmente ao seu presidente, o esforzo realizado para acoller este campionato, así como ao delegado de Arco da RFEC, Daniel González, e aos xuíces que arbitraron a proba pola súa colaboración para a organización desta final.

Dende a Federación Galega de Caza cabe felicitar aos nosos representantes pola súa boa actuación, como ben sendo habitual, nesta disciplina.