RAPOSO PONTEVEDRA
O equipo “Salnés 2” gaña o provincial
16/1/2018

O pasado sábado 13 de xaneiro disputouse en Barro unha edición máis do Campionato Provincial de Caza de Raposo de Pontevedra organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración de ata 15 Sociedades de Caza.

Á proba acudiron un total de 33 equipos (330 cazadores) que, ao longo da mañá, tentaron dar caza o astuto e abundante raposo nestes montes pontevedreses apesares das inclemencias meteorolóxicas.

Foi o equipo “Salnés 2” o que conseguiu acadar o primeiro posto da clasificación xeral ao acadar 2000 puntos converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. O subcampión provincial e segundo clasificado foi o equipo “Os Birras”, con 1500 puntos. Completou o podio en terceira posición o equipo “Rias Baixas 2” con 500 puntos.

A estes 3 primeiros equipos clasificados engádeselles o equipo “Caselas 1”, conformando a representación da provincia de Pontevedra na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade.