RAPOSO OURENSE
O equipo campión foi “Os Homes de Paco”
16/1/2018

O pasado 13 de xaneiro, na localidade de Os Blancos, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo. Un campionato que estivo marcado pola deportividade e amizade vivida durante toda a xornada.

Coa colaboración do Tecor de Os Blancos a Federación Galega de Caza en Ourense organizaba esta fase provincial de Caza de Raposo na que resultaba gañador a cuadrilla “Os Homes de Paco” ao obter un total de 1.000 puntos. O segundo e terceiro posto respectivamente foi para o equipo Doble Cero e Lamela que non obtiveron puntos e tiveron que recorrer ao tradicional sorteo.

A este equipo acompañarao o equipo “Doble Cero” conformando a representación de Ourense no vindeiro Campionato Autonómico da especialidade.