RAPOSO LUGO
“Cordal de Ousa” campión provincial
16/1/2018

O pasado 13 de xaneiro disputouse o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo nos terreos dos Tecores de Mosteiro - Pol.

A proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo que contou coa colaboración das Sociedades de Caza dos Tecores mencionados anteriormente.

Participaron un bo número de cazadores e equipos que baixo unha climatoloxía favorable para a práctica da caza, desfrutaron dun gran número de lances e avistamentos debido tamén a extraordinaria abundancia desta especie nos Tecores de Pol. 

Foi o equipo “Cordal de Ousa” o que obtiña o primeiro posto con 2.500 puntos seguido en segunda posición polo equipo “A Xesteira” con 2.000 puntos. Con tamén o mesmo número de capturas e puntos pero en terceira posición remataba o equipo “Ganados Blanco”. A estes tres equipos acompañaraos o equipo “Bar o Empalme” conformando a representación lucense no vindeiro Campionato Galego da especialidade.