ARCEAS OURENSE
José Carlos Otero acadou o campionato
23/1/2018

No Tecor ourensán de Santa Águeda Barbantiño disputouse a edición provincial do Campionato de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

O campionato transcorreu sen nada salientable e os cazadores inscritos puideron desfrutar dunha boa xornada de caza de arceas, no referente a climatoloxía e a presencia de picudas. Unha ampla presencia de arceas que fixo que todos os participantes avistaran algunha becada e se cazaran 5 exemplares.

Foi José Carlos Otero Pérez o que, con dúas arceas abatidas, se fixo co título de campión provincial desta edición. O subcampionato recaeu en Feliciano Romero Lorenzo cunha arcea namentres que o terceiro posto, tamén con 1 arcea, era para Jorge Vázquez Iglesias.

A estes tres primeiros clasificados acompañaranos José Antonio Vázquez Rivera e Bruno Criez Rivero, conformando a selección de Ourense que representará a esta provincia no vindeiro autonómico da especialidade.