ARCEAS CORUÑA
Domínguez Agulleiro campión provincial
23/1/2018

O pasado sábado 20 de xaneiro disputábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas 2018 que era acollido polos terreos do Tecor de Castromaior – A Gracia organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita sociedade de cazadores.

Ata un total de 23 arceeiros cos seus fieis compañeiros caninos tentaron dar caza as arceas. Unhas arceas que a estas alturas da tempada entrañan unha enorme dificultade a súa caza. Mostra delo e as máis de 15 avistadas e tan so 3 cazadas.  

Rematada a proba e feita a entrada en control de tódolos participantes era o cazador José Constantino Dominguez Agulleiro o que se proclamaba campión provincial con 1 arcea. Co mesmo número de arceas pero en segunda posición remataba Manuel Candela Rama. Xa con 1 arcea Francisco Martínez Pensado era o terceiro clasificado.

Xunto con estes tres primeiros clasificados, os cazadores Javier López Cendan, José Manuel Martínez Pensado e Oscar Suárez Ventoso conforman a selección provincial de A Coruña que representará a dita provincia no Autonómico de Arceas 2018.