EN RÁBADE, LUGO
Antonio Paz en Pistón e Luis Miguel Gutiérrez en PCP foron os Campións Galegos de Field Target
14/3/2018

O pasado 11 de marzo  e por segundo ano consecutivo o concello lucense de Rábade acollía a segunda edición do Campionato Galego de Field Target organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Asociación Galega de Tiro de Campo.

Apesares de que a climatoloxía, moi importante no desenrolo desta disciplina, non acompañou aos tiradores durante case toda a competición, sobretodo na segunda parte do campionato cando os fortes refachos de auga e vento fixeron que os tiradores tivesen que facer importantes correccións e reglaxes nos seus elementos de puntería. Como na edición anterior, os participantes enfrontaronse a 50 siluetas distribuídas en 25 “calles” e a unhas distancias de tiro de ata 50 metros. 

O vento dificultou, durante toda a competición, as medicións e correcións que os tiradores tiñan que facer nos seus visores facendo máis complexo se cabe impactar na “Kill zone” das siluetas que en moitos casos non acada os 15mm de diámetro.

Na categoría de Pistón o primeiro clasificado e polo tanto campión galego foi Antonio Paz Fernández con 17 puntos. Con 14 puntos o segundo caixón do podio era para Alberto Regueiro Gondar. A medalla de bronce era para o tirador Oscar Cordeiro Tobio con 13 puntos.

Na modalidade de PCP o título de campión galego era para Luis Miguel Gutiérrez Merallo con 28 puntos. Andrés Galdo Gato facíase coa prata con 24 + 1 puntos. A tan so 1 punto, con 24, remataba en terceira posición José Abelenda Balsa.

A entrega de premios e un xantar de clausura puxo o punto e final a esta segunda edición do Campionato Galego de Field Target.