SAN HUBERTO
Canosa Vigo gañador en Fisterra
27/03/2018

O pasado 24 de marzo tivo lugar o VIII Campionato de Caza San Huberto Cabo Fisterra, unha proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade e coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e os terreos de Prado Salgueiro.

Á cita acudiron un total de 16 cazadores cos seus respectivos cans que tentaron facerse cun un posto no barrage final e acadar a máxima puntuación nesta proba puntuable para a Copa Galicia.

Juan José Canosa Vigo co setter inglés macho “Zeus da Chousa” e 81 puntos acadou o primeiro posto converténdose deste xeito no campión da proba. En segunda posición remataba Belisario Bertoa Suárez co setter “Horan” con 65 puntos. Completaba o podio Antonio Costa co tamén setter inglés macho “Eran do Alto Eume” con 41 puntos.