INCOMPARABLES
A FGC convida aos animalistas a reflexionar sobre a comparación entre Galicia e o cantón de Xenebra
26/04/2018

Ante as informacións recollidas nos medios de comunicación nos últimos días, nos que se indicaba que a Asociación Animalista Libera e Fundación Franz Weber instaban á Xunta de Galicia a prohibir a caza en Galicia, poñendo como exemplo o cantón suízo de Xenebra, a Federación Galega de Caza quere convidar aos animalistas a reflexionar sobre esta comparación.

O cantón de Xenebra é unha pequena e densa rexión urbana, na que a cidade se estende por boa parte do territorio deixando escaso marxe á natureza; mentres que Galicia, comunidade cun tamaño semellante a toda Suíza –pais no que por suposto non está prohibida a caza- é un territorio extremadamente amplo no que a escasa e dispersa poboación rural obriga a xestionar a presión da fauna salvaxe. Dito doutro xeito, é como comparar o centro da cidade da Coruña coa Terra Cha lucense.

Sirva a seguinte táboa como mostra desta inviable comparativa:

  Poboación (habitantes) Tamaño (km2) Densidade de poboación (hab./km2)
Galicia 2.703.662 29.575 92
Xenebra 441.000 282 1.520

Do mesmo xeito, os animalistas non mencionan que en outros cantóns suízos se propuxo tamén a prohibición da caza e a poboación votou maioritariamente en contra de prohibila. Un dos últimos en votar esta proposta foi a do cantón de Argovia –menos urbano que o de Xenebra-, onde 103.000 persoas votaron en contra de prohibir a caza contra 50.000 que votaron a favor. Isto é, máis do dobre. Resultados similares se deron no veciño cantón de Soleura.

Este non é máis que un pequeno exemplo da manipulación e a terxiversación da información que estes colectivos realizan a diario, bombardeando especialmente nas redes sociais, co único fin de conseguir maior publicidade das súas iniciativas, e confundir con información nesgada a xente que na súa meirande parte non se deterá a contrastar, aínda que bastan un par de minutos para facelo.