SAN HUBERTO PONTEVEDRA
Juan Manuel Lorenzo e Víctor Villar son os novos campións provinciais
02/05/2018

O pasado 28 de abril, disputouse nos terreos do Tecor da Sociedade de Cazadores de As Tres Bes (Baiona) unha edición máis do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

Unha proba que transcorreu sen imprevistos e baixo unhas participación de alto nivel pola maioría dos cazadores participantes. 

Rematada a proba, subiu ao máis alto do podio o cazador Juan Manuel Lorenzo Pazo co seu can “Queso” converténdose no novo campión provincial con 72 puntos. Seguiuno moi de preto Eloy Rodríguez Rego en segunda posición con “Jirel de Reinadama” con 68 puntos. Jorge Carrera Davila tíñase que conformar co terceiro posto acadado co setter inglés “Betta” e 65 puntos.

Na categoría de Springers o gañador era Víctor Villar Fernánez con “Snow” con 74 puntos. Con 56 puntos en segunda posición remataba Eloy Rodríguez Rego con “Tras”. Saturnino Pereira Vidal era o terceiro clasificado con “Draco” e 52 puntos.